Onte, de parola durante a manifestación en prol da lingua galega, alguén me fixo un comentario un tanto surrealista: "detras de todo esto só pode estar a galegofobia (insalvable e baseada nun profundo sentimento de inferioridade) ou a consideración do galego como algo inútil. Ti imaxina o que pasará se se lhes dá por pensar que os velhos non son útiles e só dan gasto (e Galiza está chea deles)".
Eso lévame a pensar na entrevista que hoxe publica o Faro de Vigo, onde o "Sr" Fraga di: "Los idiomas nacen y mueren y, a pesar de que hay un intento de defensa de los establecidos, no es probable que consigan apoyo de grandes números de personas."
Visto o visto estes días, se eu fose alguén, o que lhe diría a D. Manuel é que o único constatado é que os espazos políticos nacen e morren.
O éxito histórico do PP de Galiza baseouse no mesmo no que se basea o do PSOE en Espanha: a súa capacidade para ser o auténtico catch all. Na Galiza era bastante sinxelo: herdando as estructuras de poder máis ou menos caciquís (os nacionalistas sempre tendemos a esaxeralo como vía para autoxustificar as nosas continuadas derrotas electorais) o PP conseguiu realmente aparecer diante do electorado como o partido propio, o partido das costumes e un valor seguro.
Guste máis ou menos o PP deu un importante xiro ideolóxico, plegándose ao discurso modelo Esperanza Aguirre, perdendo o contacto coa súa verdadeira base social e cubríndose dun certo alo de elitismo urbanito que ten como máximos exponhentes a energúmenos como ese tal Alfonso Rueda. A base para que este discurso triunfe sería que calase con profundidade nas cidades, xa que, a simple vista parece que existe un claro cisma coa base e o electorado máis rural. ¿Ata onde estarán dipostos a aguantar os baróns lucense e ourensano? Está claro que canto máis agarden máis perigan as súas propias cabezas.
A miúdo o PP parece olvidar que non ganhou as últimas eleccións senón que as perdeu o bipartito ( unha débil maioría absoluta por un só escano provocada por esa morea de galegos que se abstiveron e votaron en branco a respecto dos comicios anteriores).
Neste sentido o BNG de Quintana estaba establecendo unha interesante base para chegar a ser algún día o novo partido catch all: moderado, cun discurso no que Galiza aparece coma o centro, e no que as visións máis pragmáticas triunfan sobre as paranoias máis retrógadas que protagonizan algúns flipados da UPGA (as cousas polo seu nome, guste ou non). Sen embargo a lamentable campanha electoral (¿cando aprederá o BNGa que non se lhe perde nada facendo mítines? ¿que nas fotos hai que parecer guapos e modernos? ¿que os discursos tenhen que ter mensaxes fortes e sinxelas?) e sobre todo a falta de reaccións claras ás acusacións verquidas polo PP (aínda por riba de non ter un medio de comunicación que se fixese eco delas de telas feito) cristalizou nunha viaxe sen rumbo capitaneada por uns que queren máis esquerda.... É curioso porque sempre se lhes enche a boca dicindo que son de esquerdas a estos rancios pero parece que aínda non se deron de conta dalgo chamado Globalización e de que a Unión Europea é algo imparable e toda unha fonta de novas oportunidades.
E do PSOE non vou falar: non son nin capaces de facer unha lista electoral na que non se lhe colen catro vendidos propensos ao transfuguismo ... Eso pasa por ser un partido sen ideoloxía.
Existe en Galiza un claro descontento da sociedade hacia os seus políticos que é consecuencia de que ningún deles ocupou o xigantesco espazo ideoloxíco valeiro. Valeiro porque o PP fuxe hacia Madrid, o BNG hacia os postulados trasnoitados da UPG e o PSOE carece de estructura, líderes e ideoloxía propia.
O máis listo levarase o pastele e será o novo partido hexemónico, e si, acéptanse novas siglas como candidato!
lunes 19 de octubre de 2009
martes 18 de agosto de 2009
miércoles 5 de agosto de 2009
lunes 3 de agosto de 2009
miércoles 24 de junio de 2009
martes 16 de junio de 2009
domingo 7 de junio de 2009
unha idea
e se colhemos o actual concelho en construcción de Lalín e o convertemos no novo centro de atención sanitaria de Lalín?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)